terça-feira, julho 04, 2006
Os livros ardem mal
Um texto indispensável de
Manuel Bragado, editor da Xerais e autor do blog Brétemas, na abertura da Feira do Livro de Vigo:

"Alén dese espazo de intimidade privilexiada, ademais do esforzo e da disciplina que require o acto da lectura, os libros quedaron vencellados, desde hai dous séculos, aos conceptos de cidadanía e democracia. O escritor Manuel Rivas defende na súa nova novela, Os libros arden mal, que quixemos nacese como primicia nesta feira viguesa, que cada libro é un ser vivo, portador do xenoma humano do seu autor e de todos os seus lectores. Os libros, por esta razón, teñen capacidade de reexistir e reinventarse en cada lectura."
(...)
"A pesar do seu valor intrínseco e dos seus efectos beneficiosos sobre cada individuo e sobre a sociedade, non son estes os mellores tempos para a lectura. O sector da edición afronta hoxe os efectos perversos da homoxeneización cultural provocada pola globalización. A americanización empobrecedora dos imaxinarios culturais; os cambios de hábitos e de lecer nos lectores, provocados polo actual capitalismo impaciente e pola diabete informativa, que nos impide procesar toda a avalancha de textualidade que recibimos polos medios electrónicos; a concentración da edición e comercialización do libro en moi poucas mans, cos efectos que isto conleva, a desaparición das pequenas librarías de cultura (espazos privilexiados para gozar desta
biodiversidade), a minusvalorización do seu valor como produto cultural…, son algúns dos síntomas da crise internacional do libro, da lectura e da edición na que estamos instalados."
(...)
"As librarías, como as propias feiras do libro, a pesar da súa fraxilidade actual, son espazos de biodiversidade cultural, e como tales deben ser mimados e protexidos como institucións indispensables para o benestar da comunidade. A supervivencia da libraría é, como a causa social da lectura, un auténtico problema de estado. Cada palabra impresa posúe o ADN do seu autor, cada páxina editada expresa o soño do seu editor, cada libro publicado constitúe un neurotransmisor de vida e coñecemento, cada libraría aberta funciona coma un pulmón que renova constantemente o aire que respiramos, cada feira de libro expresa os azos de futuro da comunidade de lectores onde se asenta. Dificultades de editores, libreiros e bibliotecarios que, lonxe de desanimarnos, deberían obrigarnos a repensar cál debe ser o novo vieiro a seguir para preservar a frescura do pan da cultura, deste produto que é un ben cultural, indispensable para garantir o benestar á calquera sociedade."(...)

Todo o texto aqui (em pdf).
posted by George Cassiel @ 10:03 da manhã  
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home
 

GEORGE CASSIEL

Um blog sobre literatura, autores, ideias e criação.

_________________


"Este era un cuco que traballou durante trinta anos nun reloxo. Cando lle chegou a hora da xubilación, o cuco regresou ao bosque de onde partira. Farto de cantar as horas, as medias e os cuartos, no bosque unicamente cantaba unha vez ao ano: a primavera en punto." Carlos López, Minimaladas (Premio Merlín 2007)

«Dedico estas histórias aos camponeses que não abandonaram a terra, para encher os nossos olhos de flores na primavera» Tonino Guerra, Livro das Igrejas Abandonadas

 
About Me

George Cassiel
Portugal
See my complete profile
E-mail
georgecassiel[at]hotmail.com
Search

Previous Post
Archives
Links
Outras coisas a dizer
Caixa para alguns comentários (mais permanentes) em breve.
Template by

Free Blogger Templates

BLOGGER

® 2004-2008 by George Cassiel